lunes, 20 de octubre de 2014

XORNADAS DE DIFUSIÓN SOBRE BOAS PRÁCTICAS PARA A XESTIÓN AMBIENTAL DAS EMPRESAS



Data: 30 de outubro de 2014 as 16:00 horas
 
Destinatarios: Emprendedores, profesionais e responsables da xestión da protección ambiental no sector empresarial

A Asociación de empresarios, organiza unha Xornada para concienciar sobre a Xestión Ambiental Empresarial e afondar nos métodos e sistemas de xestión ambiental para empresas e organizacións. Tratar a problemática dos residuos industriais e ofrecer solucións.

A consideración dos problemas ambientais na xestión das empresas e organizacións pasou de ser un tema pouco considerado a desempeñar un papel relevante no mundo empresarial actual. 

O cambio no rol desempeñado por este tipo de cuestións foi propiciado por cambios no contexto competitivo que afectan ás empresas desde diferentes perspectivas:
  • O desenvolvemento de lexislación relacionada co control do nivel de emisións e verquidos
  • O incremento das obrigas de información con respecto a asuntos relacionados co medio
  • O auxe da demanda dunha maior transparencia e compromiso por parte dos axentes cos que ser relacionan as empresas, 
  • A consciencia de que as relacións con diferentes colectivos -accionistas, clientes, traballadores, a comunidade...- e co medio, forman parte do valor da empresa, e que esta ten obrigas para e con eles. 

As empresas comezan a considerar que a sostibilidade ofrece un modo de diferenciarse nos mercados, e asumen que a xestión da sostibilidade desde unha óptica proactiva repercute directamente na súa rendibilidade, o que contribúe a incrementar a súa productividade e competitividade.

Obxectivos: 
  •      Dar a coñecer aos profesionais as ferramentas que facilitan a xestión ambiental empresarial das súas empresas así como a lexislación vixente
  •       Difundir a importancia da mellora da xestión da protección ambiental e o enorme interese que  tén no sector empresarial
  •       Compartir experiencias, problemáticas e posibles solución.



Programa das xornadas:

Xoves 30 de outubro de 2014

16:00 – 16:30.  As principais liñas de axuda do IGAPE

 Miguel Fidalgo Iglesias: Responsable de Programas do Instituto Galego de Promoción económica

16:30 – 17:00. A importancia da xestión ambiental na empresa

17:00 – 18:30. Os distintos sistemas e certificacións ambientais

José E. Rodríguez Coello: Jefe Servicio Comercial  Delegación en Galicia AENOR

18:30 – 19:00. Descanso

19:00 – 20:00. A xestión eficiente dos residuos industriais

Santiago Cristín Mariño: Consultor y abogado ambiental, colaborador Grupo Soil.

20:00 – 20:30. Mesa redonda: Quenda de rogos e preguntas.

                      Entrega de diplomas e peche da xornada.